FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



domingo, 28 de noviembre de 2010

MAGOSTO!!!! ( 1º parte)


 Moito nos gustan as festas, e máis si implican facer unha fogueira e ver como se asan as castañas. O magosto deste ano foi moi bo, contamos cun tempo fantástico, un castañero xenial, e un público (os nosos papás e mamás) entregado ás nosas cancións e xogos. Gracias!!




Aqui podedes ver con máis detalle o que fixemos ó longo da mañá pero inda non é todo eh?, falta unha parte...

viernes, 26 de noviembre de 2010

MIRADE QUE CARAS DE ALEGRIA!!!

ISAAC E MIREIA
 Como sabedes estamos traballando sobre as nosas vidas, e inda que somos pequenos distinguimos as emocións e sabemos diferenciar que cousas nos poñen tristes e cales nos dan alegría. Neste día estivemos falando sobre a alegría e que cousas nos fan sentir ben.
ALBA E IKER

SARA E AYMAN
 Houbo respostas de todo tipo, recordaron a praia e o moito que lles gusta, unha viaxe a un parque acuático cos papás, unha volta na montaña rusa...
SARA E DUNIA

MERCHI E YAIZA

IAGO E YOLANDA

Tamén houbo algunha mezcla coa melancolía, porque algún recordou que o pasa pipa con unha prima que non debe ver todos os días, e ó pensar nela ponse algo triste, pero solo un pouquiño eh?
BRAYAN E PABLO

CHRISTIAN E MATEO

JUANJO E YESSENIA
Pero todos coincidimos en que estar alegre é algo xenial. Un saudiño!!!

jueves, 25 de noviembre de 2010

Un novo compañeiro

 Éste é o noso novo compañeiro Isaac, ten 3 aniños e vai formar parte do grupo dos soles. Esta é a súa primeira semana no cole, pero non chorou case nada. Él di que lle gusta moito vir á escuela, cantar e pintar. BENVIDO ISAAC!!.

Aproveitamos estas mañás de sol para facernos unhas fotos todos xuntiños no noso fantástico patio, que sorte ter o cole ó ladiño do mar!!
Pero que herbiña tan blanda!!así da gusto deitarse.
Yessi, Juanjo e Christian disfrutaron observando as nubes, querían atopar formas de animais jaja

martes, 23 de noviembre de 2010

E TI CANTO MIDES?

 Seguimos investigando sobre nós mesmos. Queremos saber canto medidos e para iso collimos a cinta métrica e o metro de madeira que temos no cole. Están cheiños de números, a cinta polos 2 lados!!
Despois íamos anotando o resultado nunha gráfica, a profe axudounos a pintalo en papel e logo de compararnos e mirar quen é o máis alto e quen o máis baixo, decorámolas como solo nós sabemos: con alegria e moito color. Agora están colocadas nunha parede da aula para poder ir vendo canto crecemos ó longo do curso.

Aquí vos deixo unhas cantas fotos do proceso. Un saudo!!!

viernes, 19 de noviembre de 2010

A MIÑA CARIÑA!!!

Ésta semana empezamos a investigar sobre nós mesmos, e durante os próximos días vamos a centrarnos nas nosas vidas. Todo o traballado irémolo recollendo nun libro que  levaremos coma sempre para casa.
 

A profe sacounos unhas fotiños nas que saímos moi guapos e guapas, e despois de mirarnos e remirarnos fixemos o noso retrato.


 Ós soles costoulles un pouquiño máis, porque non é nada fácil debuxar a nosa cara...

 Pero ós pouquiños, un olliño por aquí e outro por alá debuxámonos moi ben.

 Finalmente decoramos as fotos e puxémolas nun corcho da aula, para poder velas sempre que queiramos. Gústanos moito mirarnos de vez en cando e decir ó lado de quen estamos. Ata outra guap@s.

CARMELAS!!!


Ésta semana levamos as nosas tortuguiñas para casa. Fixémolas con platos de papel, pintura e gomets. A estas non lle temos que cambiar auga nin darlle de comer jaja. 

jueves, 18 de noviembre de 2010

Las liebres corren corren...

Xa rematamos o noso proxecto sobre as tortugas, e o longo de todo este tempo aprendemos moitas cousas sobre estes animaliños. Tamén aprendemos unha canción moi bonita e fixemos un libro sobre ela (que xa levamos para casa).Para que vexan as familias que ben cantamos aquí vos deixo a proba.

O noso libro tortuga

martes, 16 de noviembre de 2010

UNHAS FOLLAS MOI PERSOAIS...

Como xa vos dixen ó noso castaña-caracol faltáballe unha cousiña...pois aquí está, unha folliña preciosa chea de mans pequechiñas, que será un refuxio perfecto para eles. Nós claro está, disfrutamos moito estampando ahí as nosas mans. Un saudiño!!!

domingo, 14 de noviembre de 2010

UNHA NOVA ESPECIE...


Mirade que fusión fixemos, castañas e plastilina!!estos castaña-caracol van ir a parar á nosa mesa da entrada, pero inda lles falta un detalliño...coidado que non escapen!!


sábado, 13 de noviembre de 2010

QUE MEDO!!!!

A primeira festa do curso: O samaín!!! cantamos para as familias, démoslle un susto tremendo, disfrutamos dun teatriño de sombras, maquillámosnos e disfrutamos moito.