FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



martes, 25 de enero de 2011

RECUPERÁNDOME

Ola familias e peques!! pois escribo para contarvos que vou ter que estar na casiña durante uns días porque me fixen un esguince no tobillo. O médico díxome que teño que estar moi quieta para que se me cure ben e non se me repita. Vou botarvos moito de menos pero xa irei falando coa profe Menchu para que me conte que tal o estades pasando. Mándovos un bico moi grande!! MUA

domingo, 23 de enero de 2011

CUMPLE DE MATEO E A PROFE MENCHU

Este mes de xaneiro xa celebramos 2 cumples no cole, o de Mateo e o da profe Menchu, mirade que ben o pasamos!!

 

Cantámoslles o cumpreanos feliz, tirámoslles das orellas, sopraron as veliñas...

 Despois comimos tarta de chocolate, patatillas, palomitas...e inda quedaba o mellor...
A mamá de Mateo preparou unhas piruletas de chocolate que estaban boísimas, moitas gracias!!!

E por suposto tivemos moito baile e festa!!                                                                  

Aqui podedes ver un pouco máis de esta festa!!!un bico e que cumplades moitos máis.

viernes, 21 de enero de 2011

MIREIA

 

Hoxe a nosa amiga do día foi Mireia.
Todos opinan que é moi guapa, alta, que ten uns pendientes super bonitos ( porque son aros, como de chica según algunha) que pinta moi ben e que comparte con todos. Mira cantas cousas boas!

MERCHI


A nosa amiga do día de onte foi Merchi.
 Os seus amigos e amigas din dela que ten un pelo moi bonito e unhas diademas preciosas, que xoga moito cos demáis e que ten unhas uñas chulísimas (de colores)
Así de feliz quedou despois dos achuchóns!!!

miércoles, 19 de enero de 2011

ALEXANDRA!!!

Como lle gustaron a Alexandra todos esos mimos dos seus amigos e amigas!!!! 
 


Dixeron dela que é moi guapa e que tiña moito talento, jaja, son tremendos. Din tamén que é a máis rápida do cole e unha super boa amiga.
Un bico!!!

O NOSO AMIGO IKER

O noso amigo de onte foi Iker, dixeron de él que é moi divertido, guapo, pequeno, cuns ollos bonitos, que o pasan moi ben xogando con el...un pouquiño de todo

 Os seus amigos e amigas déronlle todo tipo de abrazos e carantoñas...
 


E Iker quedouse con esta cariña de satisfacción. Un saúdo!!

lunes, 17 de enero de 2011

OS MEUS AMIGOS E AMIGAS. YAIZA

A partir de hoxe e durante unha temporada imos aprender sobre un compañeiro ou compañeira de clase. Na asamblea das mañás imos decindo como é, como vai vestido/a, como se comporta e as súas características persoais. 
A cara do protagonista vaise iluminando porque todas as miradas e palabras son moi espaciales e están dedicadas para el soiño.        

Despois vendámoslle os ollos e os seus compañeiros van dándolle mostras de cariño con bicos e abrazos.
Tamén aprendemos a escribir o seu nome. Logo facemos o seu retrato nun folio co que montaremos o libro dos amigos e amigas do cole, e que unha vez rematado levaremos para á casa.




Cada día tócalle a un neno ou nena ser o protagonista, e entre todos decidimos que fose o capitán ou capitana, así imos turnándonos.





Cando sacamos o pañuelo estamos tan cheos de afectos que se nos pon cara de felicidade. Hoxe tocoulle a Yaiza.

domingo, 16 de enero de 2011

RIOS E PONTES

 Na sesión de psicomotricidade desta semá, e despois das carreiras que nos metimos ó principio da clase, xogamos a algo que nos divirte moito: A RIOS E PONTES
 

 Temos que ir bailando por todos sitios seguindo a música e cando esta para os nenos convírtense en pontes e as nenas en ríos, e despois facemos ó contrario.




 

Failles moita gracia o de pasar por debaixo, algúns case tiran coas pontes jaja...




Un saudiño!!!

jueves, 13 de enero de 2011

CORRE QUE TE PILLAN!!

Xa sabedes que os Martes temos sesión de psicomotricidade no cole, ésta semá os peques viñeron con moita enerxía das vacacións e mirade o resultado; eu propúxen bailar o inicio da clase para quentar un pouco o corpiño pero eles decidiron que era moito mellor correr rápido coma lóstregos. Non hai quen os pare!!