FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



jueves, 31 de marzo de 2011

SONIA, A MAMÁ DE IKER!!











Sonia veu o luns ó cole a contarnos un contiño, porque ela traballa os venres e non podía ser (en principio o día que nos contan as mamás, ou papás, ou quen se anime, é os venres). Fixo moi moi ben, mirade que atentiños estaban todos e todas!!














E como mostra de agradecemento fixémoslle un libro de debuxos que foi entregado por Iker.
O conto que nos trouxo foi un de winnie the pooh, que é o favorito de Iker, e que nos gustou moito. Moitas gracias Sonia!!

jueves, 24 de marzo de 2011

QUE DIFICIL SER EQUILIBRISTA!!!

 Puxémonos na pel dun equilibrista e ufffffff, qué dificil!!! hai que ter moito equilibrio e estar moi concentrado para non caerse.

 
 

 

 


 








Tamén andivemos enriba duns zancos pero inda nos queda moito para ser coma os profesionais do circo. Seguiremos practicando!! Un saúdo 

MIÑA NAI CÓNTAME CONTOS!!

No cole de Deán comezamos unha nova actividade que nos gusta moito a todos: que nos lean contos as nosas mamás. A todos nos encántan os contiños e decidimos invitar a unha mamá cada semana para que se encargue ela, ese día, de levarnos a un mundo de fantasía. A primeira en vir foi a mamá de Mateo, Magdalena que nos contou o conto de Garbancito, uns dos preferidos de Mateo.


Estivemos  moi atentos e atentas porque o conto tiña ademáis unha canción moi chula.


 Cando Magdalena rematou de ler, Mateo ensinoulles ós demáis as actividades que trae o seu conto.
 
E de regalo por vir ó cole a contarnos contos, fixémoslle un debuxo cada un de nós e xuntamos todos en un libriño que levou para a casa.  Dixo que eran todos moi bonitos!!
 








E como a Magdalena lle gustaron moito as nosas fotos de payasos que temos na entrada, puxémoslle a perruca e o nariz, e sacamos a foto de recordo. Moitas gracias familia!!!

miércoles, 16 de marzo de 2011

LEONCIÑO EQUILIBRISTA


Cada día somos máis expertos en circos e como temos moita man cos animales mirade que fixemos con este león...

Primeiro picamos con moito coidado, logo decoramos o aro, pintamos e recortamos o noso león e...

 
                                       Tachán!!!!! ahora para decorar na nosa casa.


E non se caen, e que son leóns equilibristas. Bicos 

lunes, 14 de marzo de 2011

CUMPLES YESSENIA E JUANJO

No mes de Febreiro celebramos os cumples de 2 estrelas de Deán: Juanjo e Yessenia que xa teñen 6 anos!!! Como pasa o tempo e pensar que eran 2 pequeñajos de 3 aniños cando os coñecín...

Cando un cumple anos ten que pedir un deseo e despois xa pode soprar as velas!
E ahora o deseo de Yessi...
Un gran aplauso e ... a comer!!!
Está todo boísimo!! e todos probamos un pouquiño, ainda que nos coste.










MOITAS FELICIDADES PEQUES!!

miércoles, 9 de marzo de 2011

ENTROIDO!!!


Que viva o circo de Deán!!!! como vedes era un circo moi animado onde había moitas personaxes e animais divertidos. Temos un domador e unha domadora, algúns leóns, payasos, magos, bailarinas....

Os nosos papás e mamás como sempre, tamén se uniron á festa, qué ben o pasamos!!
Despois dunha pequena actuación no cole, onde cantamos a canción de Chinito de amor, fixemos un pequeno desfile polo paseo de Coroso.
Este circo tamén ten presentadora e unha mayorett moi animada
e un payaso malabarista...
e por suposto unha merendola rica, rica. Moitas gracias familias pola vosa axuda!!


Aquí vos deixo unhas pouquiñas máis dese día: QUE EMPECE O ESPECTÁCULOOOO!!!!