FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



lunes, 30 de mayo de 2011

TITERES SANTIAGO

Fai xa uns días fixemos unha excursión moi chula a Santiago a ver títeres. A obra que vimos foi o Libro da selva e pasámolo moi ben.


 

Estivemos moi atentos a todo, e cando rematou os actores baixaron para presentarnos as persoaxes.


                            Despois de tanto viaxe e espectáculo chegou a hora de comer!!!!

e de postre, como nos portamos moi ben, un helado!! 


Disfrutamos moito dese día, esperemos que haxa moitos máis así, un saúdo!!!!

viernes, 20 de mayo de 2011

PERO QUE POLIÑOS TAN GUAPOS!!


Aquí están os primeiros animaliños da granxa, feitos con moito cariño e coidado porque os pitiños son moi delicados!!!

 



jueves, 19 de mayo de 2011

RECICLAMOS

 Como sabedes andamos investigando sobre a vida nas granxas, e como nos gustan moito as manualidades estamos recollendo rollos de cartón que teñamos pola casa, tanto grandes como pequenos, para poder logo traballar no noso proxecto...que faremos co cartón?

O primeiro de todo foi contalos, e xa descubrimos unha cousa, tivemos que escoller a unha persoa para que os fose contando porque si contábamos todos á vez non nos daba o mesmo resultado.




Escribimos o número, diferenciando grandes de pequenos e decidimos que si os cortábamos pola metade teríamos moitos máis.



Seguimos recollendo rollos, non vos olvidedes de traer sempre que se rematen!!!

ESTE COLE É UNHA GRANXA!!

O último proxecto deste curso será sobre un tema que nos encanta sempre ós nenos e nenas: Os animais!! e como nos gustan diferentes tipos de animais decidimos investigar sobre a vida nas granxas, porque sabemos que ahí viven moitos como as vacas, os coellos, os porcos, as galiñas, gatos, ratiños... que ben o imos pasar!!

martes, 3 de mayo de 2011

PATRICIA, A MAMÁ DE SARA

Que sorpresa máis bonita nos tiña preparada Patricia o venres pasado, unha mamá coello e o seu filliño que estiveron con nós no cole. Primeiro contounos un conto e despois abriu as caixas que traía da súa casa, que terían dentro?

Unha estrela de mar e 2 coelliños, démoslle de comer e collímolos moito no colo porque eran moi tranquiliños.







  

 Como sempre démoslle un super regalo para agradecer que viñera de visita e nos traoxera estos amiguiños. Moitas gracias!!!

CONCHAS PARA MAMÁ

Seguro que xa adivináchedes o que fumos buscar o outro día á praia....unhas conchas preciosas que lles regalamos as nosas mamás

Pintamos a tapa dos cacharros puxémoslle un pouco de papel de colores e tachán!




.MOITAS FELICIDADES!!!