FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



lunes, 6 de junio de 2011

A COMER GALIÑAS!!!


Sara e Iago trouxeron un pouco millo ó cole, e claro cando o puxeron nunha bandexa todos os compañeiros se convertiron nunhas galiñas con moita fame!!!
 Tamén estivemos mirando si pesaba moito ou pouco, a cor, textura e houbo quen o probou.

 Logo Yessi amosounos e diferencia entre 2 ovos: de galiña e de quica.
Como vedes temos casi unha granxa no cole!!! un saúdo

domingo, 5 de junio de 2011

UN VOLCÁN EN DEÁN!!!

 Fai xa uns días contamos coa colaboración de Yoli no noso cole. Veu ela máis Lorena a facernos un volcán e un truco de maxia.


Para facer o volcán necesitou unha caixa de cartón, unha botella de plástico vacia, un montón de area, bicarbonato, vinagre e salsa de tomate. Un pouquiño de paciencia e ....UAUUUU
                                                                                   

 Tamén nos fixeron un truco de maxia, con auga e papel.

Muchas gracias Yoli, vuelve cuando quieras!!!!