FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



jueves, 21 de julio de 2011

REMATOU ESTE CURSO!!

Como pasa o tempo...xa 4 anos desde que estou neste fantástico cole e parece que fai nadiña que cheguei. Síntome moi afortunada por poder estar cos peques cada día e compartir tantas experiencias cos papás e mamás. Foi un ano estupendo, investigamos, xogamos, rimos, cantamos, bailamos...de todo un pouco. Xa nos vemos dentro de nadiña, con moita ilusión por o curso que empeza, os nenos novos, os que inda siguen conmigo...e tamén cada ano un pouquiño máis triste porque ,como xa dixen antes, o tempo pasa voando, e algúns dos meus peques xa se vai para primaria e non vou poder velos tanto como me gustaría inda que espero, e sei, que me virán a visitar. Gracias como sempre ás familias por estar sempre ó meu lado. Feliz verán!!! vémonos en Setembro. Un bico