FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



sábado, 15 de octubre de 2011

GUSTARALLE A CENORIA?


O primeiro que lle metimos foi unha cenoria e debeulle gustar moito que non deixou nadiña...mirade
 
Despois pintámola para o noso libriño do proxecto.
Un saúdo!!!

EMPEZAMOS A INVESTIGAR


 Xa comezamos a traer material á aula para investigar sobre o noso burato; temos contos, linternas, un truel, comida...entre outras cousas ocurriusenos meter cada día polo burato un alimento diferente e ver si comía ou non.Tamén buscamos huellas polo patio, miramos si había máis buratos...que será?

QUEN FIXO ESTE BURATO??



Fai uns días os meus pequenos atoparon un burato no patio!! estaba tapado por unhas follas pero era enorme...rapidamente me avisaron e comezaron a lanzar hipótesis sobre o que podería ser que si un oso hormiguero, unha pata de elefante, un topo... e neso andamos estes días en tratar de descubrir quen fixo o burato. Xa iremos informando!!

ESTAMOS AQUÍ DE NOVO!!!

Xa comezou un novo curso e estamos desexando ensinarvos todo o que estamos facendo por aquí. Os nenos e nenas que empezaron este ano están xa adaptados á nova rutina de vir ao cole, e os do curso pasado encantados de volver a empezar e estar todos xuntiños. Deixovos unhas fotos dos primeiros días de cole. Un biquiño!!


 
 



QUE ESTUPENDO ESTAR DE NOVO AQUÍ!!!!!