FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



sábado, 15 de octubre de 2011

QUEN FIXO ESTE BURATO??



Fai uns días os meus pequenos atoparon un burato no patio!! estaba tapado por unhas follas pero era enorme...rapidamente me avisaron e comezaron a lanzar hipótesis sobre o que podería ser que si un oso hormiguero, unha pata de elefante, un topo... e neso andamos estes días en tratar de descubrir quen fixo o burato. Xa iremos informando!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario