FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



jueves, 28 de abril de 2011

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

Despois de estes días de vacacións voltamos ó cole cheos de enerxia, e para comezar con alegría decidimos facer unha pequena saída á praia a buscar.... a ver si o adiviñades.


 



 









E despois de tanto buscar e buscar na praia decidimos ir a un parque que está moi cerquiña do noso cole!!




 UN BICO!!!

jueves, 14 de abril de 2011

LORENA, A MAMÁ DE ALEXANDRA E ARACELI

 O venres da semana pasada veu visitarnos Lorena, que é a mamá de Alexandra e Araceli. Gustóunos moito o libro que nos trouxo porque era un libro de ciencia!!! Trataba sobre o corpo, os animais, a terra e as prantas e a electricidade.

Fumos tocando enriba dos dedos dunha man que traía o libro, e cada dedo tiña unha textura distinta.

Tamén intentamos adiviñar quen era a mamá de cada animaliño, que comían, que clase de árbores e verduras había plantadas na horta...e unhas cantas adiviñas e unha canción!!
Por vir a pasar un ratiño connosco e traer ese libro tan divertido regalámoslle un libro de debuxos e un gran achuchón. Moitas gracias Lorena!! 

miércoles, 13 de abril de 2011

SSSSSSS MOITO COIDADO COAS SERPES

 Xa estamos rematando o noso proxecto sobre o circo e estes días estivemos investigando sobre o encantador de serpes: As cobras encantadas!!!! despois de ver videos descubrimos que ás serpes gústalles a música entón decidimos probar, fixemos a nosa cobra en papel, puxémoslle un cachiño de la e... que soe a música!










E como todo queremos probar e vivenciar co propio corpo convertímonos cobras e encantadores, pero cunha pequena variación, en vez de flauta fumos escollendo outros instrumentos como as maracas, triángulo, chinchines, palos...







Que ben bailan estas serpes, algunha tamén acabou mordendo ó encantador!!!







Un saudiño!!!!!

domingo, 10 de abril de 2011

ROSANA A MAMÁ DE IAGO E SARA!!

 Rosana veu de visita ó cole e contounos un dos contos favoritos dos seus fillos: Iago e Sara. É un libro dos Little Einsteins que lles gustou moito a todos.


Mirade que atentiños estaban!!






 Para despedirnos fixémoslle o baile de A mi burro, de Rosa León, e Rosana tamén se apuntou á festa!!

E como sempre, como mostra de agradecemento por vir a contárnos un contiño, regalámoslle un libro cheo de debuxos que lle fixemos con moito cariño. Moitas gracias Rosana!!! 

sábado, 2 de abril de 2011

ASÍ PINTABA ASÍ ASÍ...

Como estamos en primavera estivemos pintando unhas bolboretas para decorar a nosa entrada, pero mirade que concentradiños estamos na nosa tarefa...así dá gusto traballar con estes nenos e nenas!!