FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



miércoles, 23 de febrero de 2011

HOP, HOP!!

 Éste Martes na clase de psicomotricidade fixemos malabares!!! descubrimos que non é nada fácil, e que hai que practicar e entrenar moi duro para que salgan ben. A nós encantounos eso de lanzar polo aire e recoller pelotas, como o malabarista do circo do sol!!!

Tamén fixemos xogos por parellas, de lanzar e recibir.





E  ata nos animamos a facer un pequeno espectáculo para os compañeiros: lanzando 2 pelotas o mesmo tempo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario