FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



Mostrando entradas con la etiqueta TALLER DE COCIÑA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TALLER DE COCIÑA. Mostrar todas las entradas

domingo, 5 de diciembre de 2010

CHOCOLATE!!!

Xa vos ensinei as fotos do noso postre do magosto: bombóns de chocolate e froitos secos, e agora deixovos as fotos da elaboración. Como nos gusta o chocolate!!!! 
Para facer esta receita necesitamos chocolate, distintos froitos secos ( améndoa, noces, avelás) e tamén cereais para facer que a mezcla sexa consistente. Un pouco de paciencia e TACHÁN!!



miércoles, 1 de diciembre de 2010

POSTRE DE MAGOSTO!!


 Mirade que postre máis bo preparamos para as nosas familias o día do magosto, ummmmmm!!!
 Son bombóns de chocolate con frutos secos, saironnos estupendamente e creemos que lles gustaron moito moito.

Xa vos porei as fotos da elaboración, se vírades como se chupaban os dedos éstes peques jajaja. Gracias por este magosto tan fenómenal. Un saúdo!!!

domingo, 7 de noviembre de 2010

COCINERO, COCINERO...

Neste cole pensamos que é moi importante darlle  ós nenos e nenas a oportunidade de experimentar, de probar, de crear...para ir medrando e aprendendo do mundo que nos rodea. Por isto mesmo aproveitamos os cumples para facer talleres de cociña; usamos o microondas, medidores, utensilios de cociña, facemos listas de ingredientes, decoramos os postres...e sobretodo poñémoslle moito cariño, porque estamos cociñando para nós e para os nosos amigos e amigas.


Primeiro  poñemos  o  sirope


Despois veñen as galletas


O último que lle botamos é flan, esperamos unhas horiñas e...a comer