FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



jueves, 24 de marzo de 2011

MIÑA NAI CÓNTAME CONTOS!!

No cole de Deán comezamos unha nova actividade que nos gusta moito a todos: que nos lean contos as nosas mamás. A todos nos encántan os contiños e decidimos invitar a unha mamá cada semana para que se encargue ela, ese día, de levarnos a un mundo de fantasía. A primeira en vir foi a mamá de Mateo, Magdalena que nos contou o conto de Garbancito, uns dos preferidos de Mateo.


Estivemos  moi atentos e atentas porque o conto tiña ademáis unha canción moi chula.


 Cando Magdalena rematou de ler, Mateo ensinoulles ós demáis as actividades que trae o seu conto.
 
E de regalo por vir ó cole a contarnos contos, fixémoslle un debuxo cada un de nós e xuntamos todos en un libriño que levou para a casa.  Dixo que eran todos moi bonitos!!
 








E como a Magdalena lle gustaron moito as nosas fotos de payasos que temos na entrada, puxémoslle a perruca e o nariz, e sacamos a foto de recordo. Moitas gracias familia!!!

1 comentario:

  1. Pero que boa actividade!!
    Encantame =)
    xa estou desexando ir!!jejejeje
    Bueno,agora só queda poñerme o dia! =)
    Sauuudos!

    ResponderEliminar