FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



jueves, 3 de marzo de 2011

PREPARADOS, LISTOS...

E xa mañá temos o noso festival de entroido!!! 






Que emoción, mirade canto traballamos toda esta semaniña para que todo salga ben e darlle unha sorpresa o todos os papás e mamás.

Puxemos gomets prateados, deses que nos gustan tanto a nós e fan que todo brille un pouco máis...
 Pintamos e recortamos estreliñas...





 Coelliños...







 sempre moi concentrados...










E agora que xa está todo listo sólo nos faltades vós. Mañá 4 de Marzo a partir das 12:00 da mañá estades invitados ao entroido de Deán Grande.



Un bico!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario