FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



miércoles, 9 de marzo de 2011

ENTROIDO!!!


Que viva o circo de Deán!!!! como vedes era un circo moi animado onde había moitas personaxes e animais divertidos. Temos un domador e unha domadora, algúns leóns, payasos, magos, bailarinas....

Os nosos papás e mamás como sempre, tamén se uniron á festa, qué ben o pasamos!!
Despois dunha pequena actuación no cole, onde cantamos a canción de Chinito de amor, fixemos un pequeno desfile polo paseo de Coroso.
Este circo tamén ten presentadora e unha mayorett moi animada
e un payaso malabarista...
e por suposto unha merendola rica, rica. Moitas gracias familias pola vosa axuda!!


Aquí vos deixo unhas pouquiñas máis dese día: QUE EMPECE O ESPECTÁCULOOOO!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario