FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



jueves, 14 de abril de 2011

LORENA, A MAMÁ DE ALEXANDRA E ARACELI

 O venres da semana pasada veu visitarnos Lorena, que é a mamá de Alexandra e Araceli. Gustóunos moito o libro que nos trouxo porque era un libro de ciencia!!! Trataba sobre o corpo, os animais, a terra e as prantas e a electricidade.

Fumos tocando enriba dos dedos dunha man que traía o libro, e cada dedo tiña unha textura distinta.

Tamén intentamos adiviñar quen era a mamá de cada animaliño, que comían, que clase de árbores e verduras había plantadas na horta...e unhas cantas adiviñas e unha canción!!
Por vir a pasar un ratiño connosco e traer ese libro tan divertido regalámoslle un libro de debuxos e un gran achuchón. Moitas gracias Lorena!! 

2 comentarios:

  1. QUE BEN O PASEI!!
    QUERO REPETIR!!!!
    Gustoume moito todo,pero o que mais,o que mais...o pedazo de abrazo en conxunto que me deron tod@s!
    GRACIAS NEN@!!!!

    ResponderEliminar
  2. Eles tamén disfrutaron un montón!gracias mamás por colaborar neste aprender xuntiños!!

    ResponderEliminar