FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



domingo, 10 de abril de 2011

ROSANA A MAMÁ DE IAGO E SARA!!

 Rosana veu de visita ó cole e contounos un dos contos favoritos dos seus fillos: Iago e Sara. É un libro dos Little Einsteins que lles gustou moito a todos.


Mirade que atentiños estaban!!






 Para despedirnos fixémoslle o baile de A mi burro, de Rosa León, e Rosana tamén se apuntou á festa!!

E como sempre, como mostra de agradecemento por vir a contárnos un contiño, regalámoslle un libro cheo de debuxos que lle fixemos con moito cariño. Moitas gracias Rosana!!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario