FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



miércoles, 13 de abril de 2011

SSSSSSS MOITO COIDADO COAS SERPES

 Xa estamos rematando o noso proxecto sobre o circo e estes días estivemos investigando sobre o encantador de serpes: As cobras encantadas!!!! despois de ver videos descubrimos que ás serpes gústalles a música entón decidimos probar, fixemos a nosa cobra en papel, puxémoslle un cachiño de la e... que soe a música!










E como todo queremos probar e vivenciar co propio corpo convertímonos cobras e encantadores, pero cunha pequena variación, en vez de flauta fumos escollendo outros instrumentos como as maracas, triángulo, chinchines, palos...







Que ben bailan estas serpes, algunha tamén acabou mordendo ó encantador!!!







Un saudiño!!!!!

3 comentarios:

  1. ola! son a madriña de Sara Iglesias e tía de Iago (aínda que él tamén me chama madriña, soe pasar), estou encantada (como as serpes) con este blog, desde que miña irmán mo dixo, gústame moito seguir as actividades dos nenos por aquí, eu traballo en Vigo e non vexo ós nenos todo o que me gustaría, GRACIAS PAULA, ERES UN GRAN PERSONA E MELLOR PROFE!!!! GRACIASSSS!!!!

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias! que comentario máis bonito, así dá gusto...encántame saber que seguides as cousiñas dos peques porque facemos todo con moita ilusión.Estás convidada a vir de visita cando queiras!!Un saúdo!!

    ResponderEliminar