FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



jueves, 19 de mayo de 2011

ESTE COLE É UNHA GRANXA!!

O último proxecto deste curso será sobre un tema que nos encanta sempre ós nenos e nenas: Os animais!! e como nos gustan diferentes tipos de animais decidimos investigar sobre a vida nas granxas, porque sabemos que ahí viven moitos como as vacas, os coellos, os porcos, as galiñas, gatos, ratiños... que ben o imos pasar!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario