FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



jueves, 19 de mayo de 2011

RECICLAMOS

 Como sabedes andamos investigando sobre a vida nas granxas, e como nos gustan moito as manualidades estamos recollendo rollos de cartón que teñamos pola casa, tanto grandes como pequenos, para poder logo traballar no noso proxecto...que faremos co cartón?

O primeiro de todo foi contalos, e xa descubrimos unha cousa, tivemos que escoller a unha persoa para que os fose contando porque si contábamos todos á vez non nos daba o mesmo resultado.




Escribimos o número, diferenciando grandes de pequenos e decidimos que si os cortábamos pola metade teríamos moitos máis.



Seguimos recollendo rollos, non vos olvidedes de traer sempre que se rematen!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario