FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



martes, 3 de mayo de 2011

PATRICIA, A MAMÁ DE SARA

Que sorpresa máis bonita nos tiña preparada Patricia o venres pasado, unha mamá coello e o seu filliño que estiveron con nós no cole. Primeiro contounos un conto e despois abriu as caixas que traía da súa casa, que terían dentro?

Unha estrela de mar e 2 coelliños, démoslle de comer e collímolos moito no colo porque eran moi tranquiliños.







  

 Como sempre démoslle un super regalo para agradecer que viñera de visita e nos traoxera estos amiguiños. Moitas gracias!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario