FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



martes, 14 de diciembre de 2010

CANTO PESO? CANTO PESAS?


 

E seguimos a investigar sobre o noso corpo!!desta vez as profes trouxeron 2 básculas á clase, serven para pesar pero son un pouco diferentes unha da outra.

 As 2 son cadradas pero unha é negra e a outra é branca.

 
 









As 2 teñen números; unha ten moitos e cando subes dan moitas voltas, en cambio á outra había que darlle nun botón e esperar que puxera 0.0 para subir.  

 

 Logo escribimos o noso peso nun papeliño, moitos nenos tiñan os mesmos números, porque será? 
 

 E que resulta que como somos da mesma idade moitos pesamos o mesmo e incluso medimos o mesmo. A nós eso fainos moita gracia, compartir peso e estatura!!

 
 











Un saudiño peques!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario