FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



domingo, 12 de diciembre de 2010

NADAL!!!

 E por fin chegou o nadal a Deán Grande!!ésta semana foi un pouco accidentada por culpa duns ladróns que non teñen cousa mellor que facer que roubar no noso cole, pero non vamos deixar que nos estropeen as festas e por tanto o memo día que nos roubaron  puxemos ésta árbore fermosísima de nadal que nos devolveu un pouquiño a alegría e a ilusión nestas datas.



 O que nos encantou foi o espumillón, había de cor prata, con estreliñas verdes e azuis, dourado...
E despois veña a poñer un montón de boliñas, estreliñas, renos...collimos unha silla para colocar os de arriba e sentadiños no chan puxemos os de abaixo, eso si non quedou nada sen poñer, a profe dixo que por un pouco máis case nin se ve a árbore jajaja  



E este é o resultado, agora a entrada do cole está chea de purpurina e cor. Un saúdo guap@s!!!


                                                                FELIZ  NADAL!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario