FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



miércoles, 15 de diciembre de 2010

OS NÚMEROS FALAN DE MIN


 Hai moitos números que falan de nos, que se ligan ás nosas vidas durante temporadas como o número do calzado  mentras medramos, o número de compañeiros que temos no cole...e outros acompáñannos sempre, como os números da nosa data de nacemento.


 
Todos eles son importantes, e o mellor é que son significativos e interesantes para nós por ser tan persoais.  
 

 
Mirade canta atención puxeron nesta actividade, nese papeliño está escrito o que pesan e o que miden. Logo de miralos e remiralos levárono de recordo para a casa. 


Tamén completamos outra folla máis do libro A historia da miña vida. Un bico!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario