FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



jueves, 16 de diciembre de 2010

PERO QUE É ISTO?

Os nenos e nenas disfrutan moito compartindo e amosándolle ós demáis as cousas que lles gustan ou que lles parecen moi interesantes, como os contos, os seus xoguetes preferidos ou neste caso en concreto unhas cantas ameixas que Sara quixo traer ó cole para ensinárnolas. Gracias Sara por compartir con nós!! 


 
Estaban nun botiño con auga, pero estivemos indagando e dímonos conta de que as ameixas viven enterradiñas na area. De feito na praia de Coroso, que temos en frente, vemos de vez en cando como os mariñeiros andan a rastear.


 

  
Tamén as estivemos contando, e logo escribimos a palabra AMEIXAS no encerado e número ó ladiño. 
 
Un bico pequenos exploradores!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario