FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



jueves, 13 de enero de 2011

CORRE QUE TE PILLAN!!

Xa sabedes que os Martes temos sesión de psicomotricidade no cole, ésta semá os peques viñeron con moita enerxía das vacacións e mirade o resultado; eu propúxen bailar o inicio da clase para quentar un pouco o corpiño pero eles decidiron que era moito mellor correr rápido coma lóstregos. Non hai quen os pare!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario