FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



lunes, 17 de enero de 2011

OS MEUS AMIGOS E AMIGAS. YAIZA

A partir de hoxe e durante unha temporada imos aprender sobre un compañeiro ou compañeira de clase. Na asamblea das mañás imos decindo como é, como vai vestido/a, como se comporta e as súas características persoais. 
A cara do protagonista vaise iluminando porque todas as miradas e palabras son moi espaciales e están dedicadas para el soiño.        

Despois vendámoslle os ollos e os seus compañeiros van dándolle mostras de cariño con bicos e abrazos.
Tamén aprendemos a escribir o seu nome. Logo facemos o seu retrato nun folio co que montaremos o libro dos amigos e amigas do cole, e que unha vez rematado levaremos para á casa.




Cada día tócalle a un neno ou nena ser o protagonista, e entre todos decidimos que fose o capitán ou capitana, así imos turnándonos.





Cando sacamos o pañuelo estamos tan cheos de afectos que se nos pon cara de felicidade. Hoxe tocoulle a Yaiza.

1 comentario: