FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



domingo, 23 de enero de 2011

CUMPLE DE MATEO E A PROFE MENCHU

Este mes de xaneiro xa celebramos 2 cumples no cole, o de Mateo e o da profe Menchu, mirade que ben o pasamos!!

 

Cantámoslles o cumpreanos feliz, tirámoslles das orellas, sopraron as veliñas...

 Despois comimos tarta de chocolate, patatillas, palomitas...e inda quedaba o mellor...
A mamá de Mateo preparou unhas piruletas de chocolate que estaban boísimas, moitas gracias!!!

E por suposto tivemos moito baile e festa!!                                                                  

Aqui podedes ver un pouco máis de esta festa!!!un bico e que cumplades moitos máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario