FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



domingo, 16 de enero de 2011

RIOS E PONTES

 Na sesión de psicomotricidade desta semá, e despois das carreiras que nos metimos ó principio da clase, xogamos a algo que nos divirte moito: A RIOS E PONTES
 

 Temos que ir bailando por todos sitios seguindo a música e cando esta para os nenos convírtense en pontes e as nenas en ríos, e despois facemos ó contrario.




 

Failles moita gracia o de pasar por debaixo, algúns case tiran coas pontes jaja...




Un saudiño!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario