FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



Mostrando entradas con la etiqueta FESTAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FESTAS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de marzo de 2011

ENTROIDO!!!


Que viva o circo de Deán!!!! como vedes era un circo moi animado onde había moitas personaxes e animais divertidos. Temos un domador e unha domadora, algúns leóns, payasos, magos, bailarinas....

Os nosos papás e mamás como sempre, tamén se uniron á festa, qué ben o pasamos!!
Despois dunha pequena actuación no cole, onde cantamos a canción de Chinito de amor, fixemos un pequeno desfile polo paseo de Coroso.
Este circo tamén ten presentadora e unha mayorett moi animada
e un payaso malabarista...
e por suposto unha merendola rica, rica. Moitas gracias familias pola vosa axuda!!


Aquí vos deixo unhas pouquiñas máis dese día: QUE EMPECE O ESPECTÁCULOOOO!!!!

jueves, 3 de marzo de 2011

PREPARADOS, LISTOS...

E xa mañá temos o noso festival de entroido!!! 






Que emoción, mirade canto traballamos toda esta semaniña para que todo salga ben e darlle unha sorpresa o todos os papás e mamás.

Puxemos gomets prateados, deses que nos gustan tanto a nós e fan que todo brille un pouco máis...
 Pintamos e recortamos estreliñas...





 Coelliños...







 sempre moi concentrados...










E agora que xa está todo listo sólo nos faltades vós. Mañá 4 de Marzo a partir das 12:00 da mañá estades invitados ao entroido de Deán Grande.



Un bico!!!

martes, 28 de diciembre de 2010

O NOSO FESTIVAL DE NADAL



Estes son algúns dos regaliños que nos trouxo Papá Noel, un selo ( co que Iker selou a nariz ) un coche chulísimo, maquillaxes...



Aquí vos deixo algunhas fotos do festival de Nadal, espero que vos gusten. Moitas gracias ás familias por compartir cos nenos e nenas éstes momentos tan bonitos e por participar no día a día do cole. FELICES FESTAS!!!

lunes, 27 de diciembre de 2010

VISITA DE PAPÁ NOEL!!!


 


 Como todos os anos temos a enorme sorte de recibir no noso cole a visita de Papá Noel.
 

 Como nos portamos moi ben durante o curso, sempre nos trae algún regaliño, canto te queremos Papá Noel!!

 

 Este ano tamén nós fumos uns mini-Papá Noeis, porque estabamos vestidos para a actuación do festival de nadal, cantamos unha canción moi bonita que se titula: Buscando Papá Noel.


 
 

 

 Moitas gracias por vir a vernos, a nós fainos moita ilusión e pasámolo pipa contigo!!
 

 

 
                                                           VOLVE PRONTO!!!!!!!