FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



sábado, 13 de noviembre de 2010

TALLER DE CABACIÑAS

Para celebrar o samaín no cole estamos preparando moitas cousiñas de medo, e imos facer tamén unha exposición de cabaciñas, feitas por nós eh!! que ben o pasamos vaciando as cabazas, ó primeiro era unha sensación algo extraña pero pouco a pouco fumos adaptándonos a esa textura. Mirade que ben nos quedaron.

3 comentarios:

  1. que cuadrilla de traballadores!!que ben o pasan con todas as actividades que lles das Paula.Moitas felicitacions,porque fas un traballo estupendo!!

    ResponderEliminar
  2. Gracias Lorena, si que son traballadores si, eu estou moi contenta e disfruto un montón deles, ademáis as familias sempre estades para todo, e eso é de agradecer. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. non nos agradezas nada...que o facemos de bo agrado! :) todo sexa por eles!!

    ResponderEliminar