FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



domingo, 7 de noviembre de 2010

XAIME E AS LANDRAS

Durante os primeiros días de cole estivemos lendo un contiño moi bonito que se titula, Xaime e as landras. Gustóunos tanto que decidimos facer igual que Xaime e plantar unhas landras, coidalas moito e esperar pacientemente ata que agromen e se poidan convertir en fortes carballos. Os nosos pais e nais axudáronnos a buscar as landras e tamén nos trouxeron unha rama de carballo para que vísemos cómo son as súas folliñas. Gracias familias!!


 
 
Estivemos contando as landras



Xuntamos un montón


Antes de plantalas na terra tivémolas uns días nun vaso dentro dun algodón, regámolas moito e tratámolas con moito coidadiño

1 comentario:

  1. Estades todos guapísimos!Seguro que vos crecen uns carballos preciosos.
    Alba

    ResponderEliminar