FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



jueves, 11 de noviembre de 2010

VISITA DUNHA EXPERTA


Xa estamos traballando no noso primeiro proxecto de investigación: AS TORTUGAS. Estivemos falando sobre elas e resulta que Sara e Iago teñen unha na súa casa. Sara sabe moito sobre o coidado das tortugas pero a súa mamá Rosana é unha experta, polo que a invitamos a vir ó cole e responder todas as nosas dudas sobre o tema. Moitas gracias familias por colaborar sempre con nós, encántanos recibir visitas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario