FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



viernes, 12 de noviembre de 2010

TEMOS UNHA MASCOTA

 Xa temos unha mascota no noso cole!!! Despois da visita da experta, decidimos que nós tamén podemos coidar unha tortuguiña. É xenial ter un animal na aula, pois imos investigando como é, como se move, se nada moito ou está quietiña tomando o sol...ademáis aprendemos a respetar os animais e valorar a súa vida. Benvida Carmela.



Tamén tivemos outra visita, trátase das 2 tortugas dos padriños de Iago, son enormes.
 Botámoslle auga para que estivesen fresquiñas.

 Tamén lle demos de comer salchichas, pero pensamos que tiñan algo de vergoña porque non quixeron comer nadiña.


Mirade que pequena é a nosa Carmela ó lado delas.
Gústounos moito esta visita, coma sempre gracias por a vosa axuda familias!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario