FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



viernes, 19 de noviembre de 2010

A MIÑA CARIÑA!!!

Ésta semana empezamos a investigar sobre nós mesmos, e durante os próximos días vamos a centrarnos nas nosas vidas. Todo o traballado irémolo recollendo nun libro que  levaremos coma sempre para casa.
 

A profe sacounos unhas fotiños nas que saímos moi guapos e guapas, e despois de mirarnos e remirarnos fixemos o noso retrato.


 Ós soles costoulles un pouquiño máis, porque non é nada fácil debuxar a nosa cara...

 Pero ós pouquiños, un olliño por aquí e outro por alá debuxámonos moi ben.

 Finalmente decoramos as fotos e puxémolas nun corcho da aula, para poder velas sempre que queiramos. Gústanos moito mirarnos de vez en cando e decir ó lado de quen estamos. Ata outra guap@s.

3 comentarios:

  1. Uau...! Pero mirade que guapos están todos...

    ResponderEliminar
  2. xa teño ganas de ver ese traballo!pero teño máis ganas de que me conten como o pasaron facendoo!jajaja
    sempre teñen mil e unha historias que contar :)

    ResponderEliminar