FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



domingo, 28 de noviembre de 2010

MAGOSTO!!!! ( 1º parte)


 Moito nos gustan as festas, e máis si implican facer unha fogueira e ver como se asan as castañas. O magosto deste ano foi moi bo, contamos cun tempo fantástico, un castañero xenial, e un público (os nosos papás e mamás) entregado ás nosas cancións e xogos. Gracias!!




Aqui podedes ver con máis detalle o que fixemos ó longo da mañá pero inda non é todo eh?, falta unha parte...

No hay comentarios:

Publicar un comentario