FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



martes, 23 de noviembre de 2010

E TI CANTO MIDES?

 Seguimos investigando sobre nós mesmos. Queremos saber canto medidos e para iso collimos a cinta métrica e o metro de madeira que temos no cole. Están cheiños de números, a cinta polos 2 lados!!
Despois íamos anotando o resultado nunha gráfica, a profe axudounos a pintalo en papel e logo de compararnos e mirar quen é o máis alto e quen o máis baixo, decorámolas como solo nós sabemos: con alegria e moito color. Agora están colocadas nunha parede da aula para poder ir vendo canto crecemos ó longo do curso.

Aquí vos deixo unhas cantas fotos do proceso. Un saudo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario