FOTO DE FAMILIA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.

Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.

¡¡¡ARRANCAMOS!!!



domingo, 7 de noviembre de 2010

OS MARTES...MOVEMENTO!!!

Como sabedes todos os Martes temos  clase de psicomotricidade no noso cole. A nós gústannos moito todas as actividades e xogos que nos propón a profe Paula; xogar cos aros e colchonetas, con globos, a correr e pillar...e tamén nos gusta moito relaxarnos despois coa axuda da profe Menchu, que nos ensina a coller o aire pola nariz, a soprar con forza ou suavidade, a hinchar a barriga mentras que facemos que dormimos...







No hay comentarios:

Publicar un comentario